![]() |
|
|
#1
|
|||
|
|||
|
--------------------------------------------------------------------------------
>>> HISTORIA da R.C.C. en GALICIA <<< por Javier Rodríguez -------------------------------------------------------------------------------- A R.C.C. chegou a Galicia no Ano Santo de 1.975. O 19 de Marzo, día de S. José, celebrouse o primeiro Retiro no Colexio A Salle de Santiago de Compostela. Os sacerdotes León Maxfield e Pedro Fernández viñeron dirixilo dende Salamanca. Asistiron irmáns de Santiago e algúns de Boiro e A Coruña. Había moitos relixiosos e relixiosas e bastantes xoves. >> Aquel Retiro deu lugar ó nacemento, na capital de Galicia, do primeiro Grupo de Oración, que se chamou Siquén. >> Ó ano seguinte -1.976- comezan outros dous : o O Grupo Shalom (A Coruña), con varias relixiosas (dúas Esclavas, dúas Oblatas e unha da Grande Obra de Atocha), un sacerdote pasionista (Xesús Prieto) e tres xoves (Montse, Javier e Mª Carmen). o O Grupo Esperanza (Vigo), cunha monxa xesuitina (Henar) e un estudiante (Javier) do Colexio A Salle de Santiago residente na cidade olívica. >> No ano 77 celébrase a 1ª Asamblea de Galicia dirixida por tres dos cinco membros da Coordenadora Nacional. Este encontro servirá para impulsar o nacemento de novos Grupos e para elixir a 1ª Coordenadora de Galicia, formada por : Antonio Peteiro (sacerdote franciscano de Santiago) Henar Martín (xesuitina de Vigo) Javier e Montse (matrimonio de A Coruña) No ano seguinte revísase este equipo coordenador e engádeselle un quinto membro: Jesús Sánchez (sacerdote xesuita de A Coruña). >> Comezan a se multiplicar os grupos. Aparecen : o O Grupo de Ourense, por medio de varios xoves (Rosa, Ángeles e Enrique) o O Grupo de A Guardia, cos sacerdotes somascos Gratto e Federico. o O Grupo de Lugo, coa relixiosa Carmen Meiriño e varios xoves. o O Grupo de Pontevedra, a través dun irmán do Grupo Esperanza (Antonio Figueras) e da relixiosa calasancia Emilia Boán. Durante esta primeira etapa, unha boa parte das/dos responsables son relixiosos/as. Hai algúns sacerdotes e unha proporción significativa de xoves. O Grupo Siquén chega a ter un cento de irmáns, o Shalom pasa de trinta e o resto son menos numerosos. >> En 1.980 elíxese unha nova Coordenadora: Javier e Montse. Jesús Sánchez. Enrique Morán (seglar de Ourense). Comeza unha segunda etapa da R.C.C. en Galicia. Por un lado, ten lugar un desenvolvemento dos Ministerios nos Grupos e aparecen Grupos de Profundización en Vigo e A Coruña. Doutra banda, hai un progresivo "abandono" de relixiosos e relixiosas como responsables dos grupos e unha maior implicación dos seglares. >> O curso 84/85 supón un punto de inflexión. Os dirixentes dos Grupos de Galicia, reunidos nun Retiro de Discernimento en A Ramallosa (Pontevedra) coinciden nunha visión común: a necesidade de obediencia e sometemento para que haxa verdadeiro crecemento na Vida no Espírito. Neste Retiro decídese unánimemente que Jesús Sánchez actúe como Pastor da R.C.C. de Galicia (uns meses antes xa se fixera algo similar en España, nomeando dous pastores : Manuel Casanova e Chus Villarroel). O pastor terá autoridade para discernir e actuar, marcar directrices ós Grupos, formar o seu equipo, etc . Jesús S. , gravemente enfermo, forma un equipo de cinco colaboradores (Montse, Javier, Chelo, Paqui e Jose) ós que exhorta a comezar unha Comunidade de Alianza que teña como obxectivo primordial o servicio á Renovación Carismática. Ós poucos meses (29-6-85), Jesusón pasa á Casa do Pai. En Agosto, o seu equipo inicia a Comunidade Jesusiños. Aparecen novos Grupos (Ferrol, Cereixo, Carballo, Illa de Arousa ...). Algúns deles non perduran. Hai un crecemento apreciable dos ministerios de música, xoves e matrimonios, con actividades e retiros específicos. Aparece como circunstancia novidosa a coexistencia de máis dun Grupo nunha mesma cidade. >> Dende o 85 sucédense Coordenadoras caracterizadas polo pastoreo de Chelo e o servicio da Comunidade Jesusiños-Betania: Outubro/85 : Chelo elixida como "pastora". Outubro/87 : Chelo elixida como "pastora". Marzo/90 : Montse, Javier, Chelo e Fernando. Marzo/92 : Montse, Elena, Chelo e Fernando. Marzo/94 : Montse, Jose, Chelo e Carmela. Marzo/96 : Montse, Chelo, Carmela e Manuel. >> En Novembro/97 comeza a etapa actual, marcada por unha maior organización que rematará plasmándose nos Estatutos da RCCE . |
![]() |
| Comunicación y utilidades | Comprar y vender | Información | Ocio |
| • Correo • Tu web gratis • Foros • Chatmania.com • Logos y Melodías • Postales • Guía e-mail • Agenda • Antivirus | • Compras • Subastas • Ofertas • Coches • Móviles • Clasificados • HispaVista Empresas • Viajes • Fotografía • Dominios • Telefonía • Coleccionismo • ADSL • Inmobiliaria • Páginas Amarillas | • LaBolsa.com • Trabajos.com • Guía - Buscador • Noticias • El Tiempo • Horóscopo • Loterías • Formación • Canal Mujer • Blogdiario.com | • MegustasMucho.com • Quedaconmigo.com • Cine • Música • Juegos • Software • Compañeros • Casino Poker |
| Mapa Web - Publicidad - Escríbenos - Notas de Prensa - Trabaja en HispaVista - Investors Relations - Tu sitio favorito Atención al usuario: 807 488 376 Copyright © 2007 HispaVista · Aviso Legal |